Aviso: Aberto o prazo de inscrición da xornada sobre Educación e patrimonio: un diálogo interdisciplinar

Aberto o prazo de inscrición da xornada sobre Educación e patrimonio: un diálogo interdisciplinar

Celebrarase o 12 de maio no Museo das Peregrinacións e de Santiago

A xornada sobre Educación e Patrimonio: un diálogo interdisciplinar forma parte do programa de actividades que desenvolve a Dirección Xeral de Patrimonio Cultura, no contexto do programa Plan Proxecta. Mirando polo Camiño. Este programa pretenden fomentar o coñecemento e a sensibilización da comunidade educativa co patrimonio cultural mediante un contacto directo cos bens patrimoniais da súa contorna inmediata. A celebración desta xornada ofrece unha oportunidade para promover un intercambio de experiencias entre docentes e profesionais do ámbito patrimonial.

Máis información para a inscrición e sobre a xornada no Plan Proxecta. Mirando polo Camiño: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/16747

 

 

Documentos relacionados

Comparte