Aviso: A Rede Galega de Música ao Vivo abre unha convocatoria para a admisión de salas

A Rede Galega de Música ao Vivo abre unha convocatoria para a admisión de salas

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria mantén aberto ata o 22 de setembro o prazo de solicitude de admisión de salas na súa Rede Galega de Música ao Vivo.

De acordo coa nova convocatoria, publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG), seleccionaranse un máximo de 35 locais para acoller a programación da rede. Poderán optar a formar parte dela as entidades xestoras de salas de música de titularidade privada que reúnan unha serie de requisitos, como estar en posesión das autorizacións legalmente esixidas para realizar espectáculos en directo ou contar cunha programación estable de concertos durante os dous últimos anos.

Unha comisión de valoración encargarase de analizar todas as solicitudes para elaborar unha proposta de admisión de acordo cos criterios de baremación que se especifican nas bases. Entre eles, a capacidade do local, antigüidade, concertos programados nos últimos dous anos, equipamentos audiovisuais, acceso ou estado do escenario e dos camerinos.

Estado de trámite: En trámite

Comparte