Aviso: Formalización do contrato de obras de acondicionamento do campamento romano de Cidadela

Formalización do contrato de obras de acondicionamento do campamento romano de Cidadela

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a resolución do 2 de abril de 2018 pola que se fai pública a formalización do contrato de obras de acondicionamento e posta en valor do campamento romano de Cidadela, no concello de Sobrado dos Monxes (A Coruña), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 6, prioridade de investimento 6.3, obxectivo específico 6.3.1, actuación 6.3.1.1 Intervencións no patrimonio cultural (contratación documentalmente simplificada).

A acción contaba cun orzamento base de licitación de 60.360,53 euros, IVE excluído. O adxudicatario foi Construcciones Abal, S.A, con importe de adxudicación de 51.057,75 euros, IVE excluído.


 

 

Comparte