Aviso: Axudas aos investimentos das pemes en equipamentos produtivos

Axudas aos investimentos das pemes en equipamentos produtivos

O Instituto Galego de Promoción Económica publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución do 19 de decembro de 2014 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos investimentos das pemes en equipamentos produtivos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 2 de xaneiro de 2015 e rematará o 5 de febreiro de 2015. 

Estado de trámite: En trámite

Comparte