Aviso: Adxudicadas as obras de restauración da capela de Santa Comba das Pías en Sobrado
Adxudicadas as obras de restauración da capela de Santa Comba das Pías en Sobrado
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Resolución do 15 de xaneiro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da consellería, pola que se fai pública a formalización do contrato de obras de restauración da capela de Santa Comba das Pías, no concello de Sobrado, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.
Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: negociado sen publicidade.
Orzamento base de licitación: 164.192,01 €, IVE excluído.
Formalización do contrato.
a) Data da adxudicación: 23 de decembro de 2014.
b) Data da formalización do contrato: 13 de xaneiro de 2015.
c) Contratista: Desarrolla Obras y Servicios, S.L.
Importe de adxudicación: 156.800,00 €, IVE excluído.
Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.