Equipamento: Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

A Biblioteca Pública do Estado na Coruña é un centro bibliográfico aberto a todos os cidadáns e creado para dar resposta á demanda cultural e de información dos usuarios.

As novas máis antigas que se conservan da Biblioteca datan de 1902. Instalada no Instituto de Segunda Ensinanza Eusebio da Guarda, pasou despois a formar parte da Casa da Cultura da Coruña, creada en 1956. En 1989 o Ministerio de Cultura e a Xunta de Galicia asinan un convenio polo que o Estado sigue conservando a titularidade e transfire a xestión á Xunta de Galicia.

Ler máis

O 23 de setembro de 1994 modifícase o convenio no que respecta ao emprazamento da Biblioteca. A partir dese momento adquire o seu nome e emprazamento actuais. Construída de nova planta nun barrio de expansión da cidade, ocupa unha superficie de 5.869 metros cadrados útiles distribuídos en tres andares.

Ao longo do ano acolle numerosas actividades, como exposicións, sesións de contacontos, cursos ou obradoiros, entre outras.

Ficha técnica

Titularidade e xestión

O Estado é o titular destas instalacións, xestionadas dende 1989 pola Xunta de Galicia.

Servizos

  • Préstamo en sala
  • Préstamo interbibliotecario
  • Préstamo a domicilio
  • OPAC
  • Servizo de reprografía
  • Lectores de microformas
  • Acceso público a internet
  • Conexión Wifi
  • Centros de documentación

Acceso ás instalacións

Libre

Espazos

  • Sala de lectura con 160 postos
  • Sala de publicacións periódicas con 56 postos
  • Sala infantil-xuvenil, con 116 postos
  • Sala de medios audiovisuais, con 49 postos
  • Sala de préstamo, con 45 postos
  • Sala de exposicións
  • Aulas
  • Salón de actos, con 126 postos

 

Contidos do equipamento:

Sala de lectura

  • Superficie en metros cadrados: 904,80
  • Número de publicacións: 9.500 aproximadamente en acceso directo

Sala de publicación periódicas

  • Superficie en metros cadrados: 293,16
  • Número de publicacións: 1.941
    • Diarias: 16
    • Semanais: 110
    • Mensuais: 438
    • Trimestrais: 299
    • Semestrais: 96
    • Anuais: 488
  • Títulos xornais: 20 en curso e 10 pechados
  • Títulos revistas: 1.042 e 20 en formato electrónico

Sala infantil-xuvenil

  • Superficie en metros cadrados: 660,38
  • Número de volumes: 22.807

Sala de medios audiovisuais -audio e vídeo-

  • Superficie en metros cadrados: 160
  • Número de volumes: 13.520

Sala de préstamo

  • Superficie en metros cadrados: 546,48
  • Número de volumes: 45.000 aproximadamente en acceso directo

Salón de actos

  • Superficie en metros cadrados: 193,15

Sala de exposicións

  • Superficie en metros cadrados: 107,80

Datos de contacto

Dirección: Rúa Miguel González Garcés, 1, 15008 A Coruña

Teléfono: 881 960 378/-379

Teléfono: 881 960 386

Teléfono: 881 960 387

Teléfono: 881 960 392

Fax: 981 170 210

e-mail: bpc@xunta.gal

Responsable: Mª Mar Lauroba Sánchez

Directora

Teléfono: 981 170 230

Atención ao público de luns a venres, entre as 8:30 e as 21:00 horas.

Día de peche, sábados e domingos.

Comparte