Equipamento: Conxunto Etnográfico do Cebreiro

Conxunto Etnográfico do Cebreiro

Na alta montaña lucense, no límite das provincias de León e Lugo, atópase este pequeno poboado que durante séculos acolleu os peregrinos composteláns que facían o Camiño francés.

O Museo sitúase moi preto do Santuario, nunha das pallozas do conxunto. Estas son construcións adaptadas ao medio da montaña, con paredes baixas en pedra, poucos vans e un alto teito de palla moi tupido, que soporta o peso da neve e o vento polo seu grao de inclinación. Nelas habilítanse dous espazos diferenciados, un para o gando e os apeiros e outro para a familia.

Ler máis

Tanto a arquitectura como os obxectos situados no seu interior -móbles, útiles para o traballo téxtil, para os traballos agrícola e gandeiro e para a vida cotiá- son de grande interese cultural e etnográfico. No conxunto pode visitarse o Santuario do século IX. Dispón ademais dunha hospedaxe fundada para os peregrinos tamén no século IX.

Ficha técnica

Titularidade e xestión

Estatal de xestión autonómica.

Tipoloxía dos fondos

Unidisciplinar: etnografía.

Prezo da entrada

Gratuíta

Modo de visita

Libre

Espazos

Superficie total, 300 metros cadrados. Os fondos da colección dispóñense atendendo a unha montaxe que recrea o hábitat natural.

Datos de contacto

Dirección: O Cebreiro, Pedrafita do Cebreiro – 27.670 Lugo

Responsable: Depende do Museo do Castro de Viladonga

Inverno: de martes a sábados de 11 a 18 h

Verán (15 de xuño a 15 de setembro): de martes a sábados de 8:30 a 14:30 h

Luns, domingos e festivos, pechado

Comparte