Evento: Estamos no veran!!!

Estamos no veran!!!
sábado, 24 agosto, 2024 - 19:00
Parque de Santa Lucía de Asados,
Rianxo

Estamos no veran!!!

Espectáculo de Música a cargo de A banda do verán

Xoán Curiel e a Banda do Verán presentan un espectáculo diferente  e refrescante con música en directo, danza e elementos teatrais e de clown.

O espectáculo nace dun disco-libro editado por GALAXIA que narra as aventuras duns rapaces que na época estival, atopan unha creativa maneira de pasar o tempo formando un grupo musical. 

Participación constante do público asistente e unha banda de sobrada experiencia en proxectos infantís e xuvenís que trae cancións moi divertidas e tamén entrañables; unha viaxe musical dende que soa derradeiro timbre do cole en xuño ata o primeiro de día de setembro. 

Es escea unha bailarina e dous cantantes-narradores, batería-percusión, guitarra, teclados, ukelele, baixo eléctrico!

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

O mellor e o peor dos 80 e 90
31 de agosto, 19:30
Praza do Camiño - Portomarín - Lugo
Contos animados
31 de agosto, 20:00
Praza Maior - Xinzo de Limia - Ourense
Concerto
31 de agosto, 22:00
Pazo de Mos - Mos - Pontevedra