Evento: Ópera Break´s

Ópera Break´s
xoves, 5 setembro, 2024 - 21:00
Praza da Porta do Sol,
Ribeira

Ópera Break´s

A programación de FalaRedes enche de cultura urbana o verán dos nosos concellos.

Unhas xornadas baseadas na cultura urbana dirixidas á mocidade e presentadas en dous formatos diferentes; por unha banda un roteiro con 4 paradas onde terá lugar o espectáculo Ópera Break´s e, por outra banda, 4 xornadas participativas con talleres de rap, breakdance e estampación de camisetas.

Ópera Break´s é un espectáculo que mestura ópera, breakdance (novo deporte olímpico), beatbox e dj nunha única función de gran calidade artística que brota da conexión da soprano Esperanza Mara e os artistas urbanos do colectivo Vella Escola.

A ópera está ligada a un estereotipo elitista, inaccesible, reservado para uns poucos e, sobre todo, ligada aos espazos pechados, fundamentalmente aos teatros. A cultura urbana, aquela dirixida á mocidade, libre de normas, transgresora e que se cultiva a pé de rúa, moitas veces tamén ligada á loita social.

Este espectáculo singular vai dirixido a un público mozo pero tamén familiar que gozará dun show onde a expresión musical e corporal romperá as barreiras do clásico e do urbano, fusionando estilos e dando orixe a un espectáculo multidisciplinar e impredicible onde todo o inimaxinable pode chegar a suceder...

Calendario completo

  • 8 de agosto: Xornada de talleres de cultura urbana e espectáculo “Ópera Break’s” en Rianxo ás 19.00 h comezan os obradoiros de rap, estampado de camisetas e breaking; ás 21.00 h “Ópera Break’s”. Praza de Castelao
  • 9 de agosto: “Ópera Beak’s” na Pobra do Caramiñal ás 21.00 h. Rúa Castelao
  • 20 de agosto: Xornada de talleres de cultura urbana en Gondomar
  • 27 de agosto: Espectáculo “Ópera Break’s” en Sanxenxo ás 20.00 h. Praza dos Barcos
  • 29 de agosto: Xornada de talleres de cultura urbana en Barro
  • 3 de setembro: Xornada de talleres de cultura urbana no Pereiro de Aguiar
  • 5 de setembro: Espectáculo “Ópera Break’s” en Ribeira ás 21.00 h. Praza da Porta do Sol

Máis eventos de tipo Espectáculo

Hoxe toca... Maxia!
1 de setembro
Biblioteca Pública Municipal Irmáns Ricoi
Danza 3 | Cantigas e Agarimos
1 de setembro
Casa da Cultura
Carlos Crespo e Kris K DJ
9 de setembro
Rúa Salgado Moscoso
Carlos Crespo e Kris K DJ
14 de setembro
A Tinería