Evento: Desaquelando

Desaquelando
venres, 27 setembro, 2024 - 19:30
CSC Santa Marta - Sala Agustín Magán,
Santiago de Compostela

Desaquelando

XXIII FESTIVAL DE TEATRO AFECCIONADO AGUSTÍN MAGÁN | Teatro Pesadelo presenta 'Desaquelando'

Se AQUELAR pode significar infinitas cousas na realidade galega….imaxinen vostedes o que pode dar de si o mundo de DESAQUELANDO. Dunha inverosímil conferencia que mestura textos de Manuel Núñez Singala e de Paco Luna, só podería nacer esta pequena e preciosa aberración. Partindo da análise do estúpido sentimento humano do orgullo, Teatro Pesadelo libera no escenario todos os monstros, esperpentos e fenómenos que compoñen a nosa sociedade actual: a tecnoloxía, a nobreza, o fascismo, o futuro….todo son pezas dun sarcástico quebracabezas que Teatro Pesadelo converte nunha festa de ironía e crítica socio-política. Porque, sexamos sincer@s: Quen non estivo, algunha vez, orgulloso de algo nesta vida?

Máis eventos de tipo Espectáculo

Animaladas
28 de setembro
Biblioteca Pública Municipal de Trazo
Radio Bulebule
28 de setembro
Biblioteca Pública Municipal de Burela
O que levamos nas maletas
29 de setembro
Biblioteca Pública Municipal de Catoira
Circo na biblioteca
30 de setembro
Biblioteca de Oseiro Dora Vázquez