Evento: A orixe de Compostela e a lenda da Raíña Lupa

A orixe de Compostela e a lenda da Raíña Lupa
mércores, 11 decembro, 2024 - 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

A orixe de Compostela e a lenda da Raíña Lupa

Obradoiro a cargo de O Faiado de Nin

Neste obradoiro coñeceremos a lenda da orixe da cidade de Compostela, a da Raíña Lupa e de como, segundo esta lenda, se chegou a levantar a catedral no lugar no que está.

Veremos que na biblioteca hai libros que tratan este tema. Comezaremos contando a historia, veremos diferentes representacións desta e, para rematar a actividade, pequenas e pequenos participantes poderán plasmar a súa propia visión desta lenda creando monicreques de pau cos diferentes personaxes.

Na sala infantil. Para 12 nenas e nenos de 6 a 12 anos. As persoas interesadas poden recoller a invitación no mostrador de información da biblioteca dende 30 min antes do comezo da actividade.

Podes consultar as normas de reparto das entradas para as actividades cun número de asistentes limitado nesta ligazón.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Obradoiro de bordado básico
12 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Imprenta tipográfica creativa
13 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Xoguetes e recreación de xogos populares
14 de decembro
Museo do Castro de Viladonga
Obradoiro de Física de partículas
14 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense