Evento: Ruta a pé polo carreiro do Deza
Ruta a pé polo carreiro do Deza
Esta ruta circular percorre unha parte da contorna natural que circunda o mosteiro de Carboeiro, seguindo o curso do río Deza, ata a praia fluvial da Carixa, pasando polas antigas casas de baños da Brea, hoxe convertidas en balneario e que aproveitan unha veta de augas sulfurosas, que xa eran empregadas polos monxes para tratar as doenzas da pel. O vieiro descende polo camiño real, unha antiga calzada medieval que unía Carboeiro e Camanzo con Santiago de Compostela, que nos achega ata a Ponte do Demo, unha ponte de orixe medieval e dun só arco obxecto de moitas lendas, entre elas, a lenda do pacto co demo que fixeran os monxes do Carboeiro ante as dificultades que tiñan para rematar a construción do mosteiro.
A distancia que percorre a ruta son uns 4 Km e a duración estimada é de dúas horas.
Inscripcións: actividades@espazossonoros.org do 19 ao 30 de setembro.
Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro