Nova: Apoio ás asociacións de amigos da ópera para difundir o xénero lírico en Galicia

12/07/2015

Apoio ás asociacións de amigos da ópera para difundir o xénero lírico en Galicia

Impulsarase a presenza da ópera na programación cultural de Galicia

  • A programación da nova edición do Outono Lírico volverá contar este ano, como en tempadas anteriores, coa Orquestra Sinfónica 430 de Vigo A programación da nova edición do Outono Lírico volverá contar este ano, como en tempadas anteriores, coa Orquestra Sinfónica 430 de Vigo
  • A programación da nova edición do Outono Lírico volverá contar este ano, como en tempadas anteriores, coa Orquestra Sinfónica 430 de Vigo A programación da nova edición do Outono Lírico volverá contar este ano, como en tempadas anteriores, coa Orquestra Sinfónica 430 de Vigo

Santiago, 12 de xullo de 2015.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promove a difusión do xénero lírico na programación cultural de Galicia a través da colaboración coas asociacións de Amigos da Ópera de Vigo e de Santiago, que veñen realizando os festivais Outono Lírico e Maio Lírico, respectivamente.

Mediante a sinatura de senllos convenios con ambas as entidades, a Secretaría Xeral de Cultura mantén o seu apoio a estas dúas iniciativas co obxectivo de contribuír coa presenza da ópera na cidade de Vigo e na capital de Galicia a través dunha oferta cultural de calidade, que inclúe citas musicais e mais conferencias arredor deste xénero.

Membros da directiva da Asociación de Amigos da Ópera de Vigo informaron esta semana ao secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo –no marco dun encontro que tivo lugar na cidade da oliveira–, da programación da nova edición do Outono Lírico, que volverá contar este ano, como en tempadas anteriores, coa Orquestra Sinfónica 430 de Vigo, así como tamén co Coro Universitario de Vigo. O festival ofrecerá de novo unha oferta variada e de calidade consistente na representación de tres óperas e mais un ciclo de conferencias.

Programación operística na Coruña
Ademais, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), tamén lle dá continuidade este ano á colaboración coa Asociación de Amigos da Ópera da Coruña para a celebración da nova Temporada Lírica da Coruña. O Pazo da Ópera da cidade herculina acollerá os próximos días 3 e 5 de setembro o inicio da programación 2015-2016, coa representación de ‘O trobador’ de Giussepe Verdi a cargo da Orquestra e Coro da Sinfónica de Galicia e con Ainhoa Arteta como intérprete protagonista.

Co seu apoio a esta iniciativa, os obxectivos do Goberno galego son impulsar a presenza da ópera na programación cultural de Galicia e divulgar o traballo dos compositores e intérpretes deste xénero.

Comparte