Nova: Galiciana integrará máis de 200 obras de valor patrimonial do Museo do Pobo Galego

19/12/2014

Galiciana integrará máis de 200 obras de valor patrimonial do Museo do Pobo Galego

A súa dixitalización permitirá a reprodución, difusión e comunicación pública con fins investigadores e culturais destes títulos

  • Galiciana integrará máis de 200 obras de valor patrimonial do Museo do Pobo o Galego Galiciana integrará máis de 200 obras de valor patrimonial do Museo do Pobo o Galego
  • O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o presidente do padroado do Museo do Pobo Galego, Xusto Beramendi González, asinaron este mediodía na Cidade da Cultura de Galicia un convenio de colaboración O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o presidente do padroado do Museo do Pobo Galego, Xusto Beramendi González, asinaron este mediodía na Cidade da Cultura de Galicia un convenio de colaboración

Santiago, 19 de decembro de 2014.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o presidente do padroado do Museo do Pobo Galego, Xusto Beramendi González, asinaron este mediodía na Cidade da Cultura de Galicia un convenio de colaboración para a integración no repositorio de Galiciana dun total de 202 títulos, que supoñen 36.046 imaxes, de obras patrimoniais de especial interese para a difusión do acervo cultural propio, seleccionados na Biblioteca do Museo do Pobo Galego, unha institución de referencia no eido da humanística na nosa comunidade.

A integración destas obras en Galiciana ten como finalidade a súa reprodución, difusión e comunicación pública con fins de investigación e culturais sen ánimo de lucro, e farase respectando a lexislación vixente en materia de propiedade intelectual. Por elo, estableceranse diferentes niveis de reprodución, difusión e comunicación pública.

Festas de Galicia
Ao abeiro do desenvolvemento deste convenio e para poñer en valor esta colaboración institucional , no ámbito de Galiciana porase en marcha o micrositio ‘Festas de Galicia’, que se pode consultar no link http://www.galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/folfesgal/gl/micrositios/inicio.cmd, nel pódense consultar programas de festas das principais cidades da nosa comunidade publicados entre os anos 1880 e 1958. Precisamente, a maior parte das 122 obras dixitalizadas deste subcatálogo proceden da biblioteca do Museo do Pobo Galego.

Neste novo micrositio ofréceselle aos usuarios uns documentos vencellados co noso patrimonio festivo das nosas cidades e vilas. Seleccionáronse programas das principais festas de Galicia como son o San Froilán de Lugo, o Apóstolo de Santiago, a Peregrina de Pontevedra ou o Corpus de Ourense. Os programas son en si mesmos valiosos documentos, e reflicten a vida social, cultural e mesmo económica da época.

Galiciana, Hispana e Europeana
Galiciana é a biblioteca dixital de Galicia. Está presente desde os seus inicios en Hispana −directorio e recolector de recursos dixitais españois−, e en Europeana −a biblioteca dixital europea−, xurdida como unha forma de contribuír á preservación e difusión da riqueza cultural dos pobos de Europa. Trátase dunha iniciativa impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, xestionada pola Biblioteca de Galicia, e que ten como misión de difundir e preservar o rico patrimonio documental e bibliográfico galego.

Galiciana procura a dixitalización dos fondos patrimoniais máis relevantes para a comunidade e a normalización do acceso mediante a aplicación das últimas directrices e estándares nacionais e internacionais. O proxecto integra actualmente, ademais de fondos propios da Biblioteca de Galicia, obras dixitalizadas en colaboración coas principais bibliotecas patrimoniais galegas. Cos traballos realizados nos últimos meses, a biblioteca dixital de Galicia supera xa as 1.550.000 páxinas.

Nela pódense consultar recursos de institucións culturais tan importantes para Galicia como a Universidade de Santiago de Compostela, a Fundación Penzol de Vigo, a Real Academia Galega, ou o propio o Museo do Pobo Galego. Esta vontade de cooperación ampliouse recentemente coa incorporación de fondos procedentes das bibliotecas do Seminario de Mondoñedo, da de Estudos Locais da Coruña e da Deputación de Ourense.

Comparte