Nova: O conselleiro de Cultura participa na entrega de premios da carreira Holi Gaiás na Cidade da Cultura

04/06/2022

O conselleiro de Cultura participa na entrega de premios da carreira Holi Gaiás na Cidade da Cultura

  • Holi Gaias 2022 Holi Gaias 2022
  • Holi Gaias 2022 Holi Gaias 2022
  • Holi Gaias 2022 Holi Gaias 2022
  • Holi Gaias 2022 Holi Gaias 2022
  • Holi Gaias 2022 Holi Gaias 2022
  • Holi Gaias 2022 Holi Gaias 2022
  • Holi Gaias 2022 Holi Gaias 2022
  • Holi Gaias 2022 Holi Gaias 2022

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2022.- O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez,  participou hoxe na entrega de premios aos gañadores  da Holi Gaiás, a carreira que se celebrou nos exteriores da Cidade da Cultura cun percorrido de 5 quilómetros para a cativada e persoas adultas.

Organizada pola Xunta de Galicia e patrocinada por Viaqua, ademais da colaboración da Federación Galega de Atletismo, Coca-Cola e Gadis, a carreira Holi Gaiás, inspirada no festival Holi da India, volveu acoller, tras dous anos de parón, o seu espírito festeiro no que se celebra a primavera cunha explosión de música e cores. Xunto ao conselleiro tamén participaron na entrega de premios a directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, e a directora de Comunicación e Marketing de Viaqua, Sonia Delpont.

Recibiron os premios Marta Losada Briones, Daniela Beiras Veiga, Lola Villar Alvite na categoría infantil feminina e Miguel Barreiro Río, Carlos Álvarez Pérez e Pedro Muñoz Fandiño na categoría infantil masculina. As gañadoras da categoría feminina de adultos foron Ararat Pazos Meixus, María del Carmen Rodríguez e Victoria Marcos Gómez. Efrén Capelo, Jesús Cela Boisa e Francisco Pazos Campos foron os gañadores da categoría masculina de adultos.

Comparte