Novas

Interior da catedral de Mondoñedo

04/12/2014

Os traballos irán dirixidos a restaurar as vidreiras e a portada occidental deste Ben de Interese Cultural

Igrexa capela da Soidade

04/12/2014

O obxectivo é solucionar os problemas que o mal estado da cuberta lle están a causar ao templo, así como recuperar as fiestras góticas da colindante igrexa de San Pedro

Imaxe do espectáculo

03/12/2014

O Teatro Principal estradense recibe esta semana o espectáculo producido polo Centro Dramático Galego a partir da obra de Carlos Casares, do que se ofrecerá un pase escolar o venres 5 e unha función matinal para público xeral o sábado 6

Mercado audiovisual Ventana Sur de Bos Aires

02/12/2014

Adivina Producciones, Xamalú Filmes, Filmax Galicia, Zircozine e We Love Wanda están presentes neste encontro estratéxico cara á proxección en América do Sur que se desenvolve na capital arxentina ata o venres

Imaxe da película O club dos incomprendidos

01/12/2014

Os Cines Callao acolleron o primeiro pase da fita no marco da Madrid Premiere Week

Xornadas Eduardo Blanco Amor no 35º aniversario do seu pasamento

01/12/2014

Celébranse en Ourense e afondan na relación do autor de A Esmorga con outras artes como o cine e o teatro

Cartel da obra

01/12/2014

Unha adaptación libre dirixida por Roberto Salgueiro e que conta coa colaboración musical da Orquestra de Cámara da universidade compostelá

O Fantabuloso Cine Ambulante dos Irmáns Lumieira

30/11/2014

A Rede Galega de Teatros e Auditorios e a Rede Galega de Salas reforzarán a súa programación infantil durante o Nadal: 58 das 83 representación que ofrecerán en decembro diríxense especificamente aos espectadores máis novos

Expositor de Galicia na Feira do Libro de Guadalaxara

29/11/2014

Galicia está presente neste evento cultural de referencia, no que os escritores Miguel Anxo Murado, María Solar e Luis Pousa lle achegarán ao público a literatura galega a través de presentacións e mesas redondas

Exposición no Gaiás con obras de Durero, Tiziano e Murillo

29/11/2014

A mostra incluirá pezas procedentes dalgúns dos museos máis prestixiosos de Italia, Francia, Hungría, Alemaña ou Polonia, como a Galeria Ufizzi de Florencia ou o Quai Branly de París

Páxinas