Axudas, subvencións e bolsas : Subvencións a institucións sen fins de lucro, entidades locais galegas e agrupacións de concellos para gastos correntes da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de carácter afeccionado

Subvencións a institucións sen fins de lucro, entidades locais galegas e agrupacións de concellos para gastos correntes da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de carácter afeccionado

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Univeresitaria publica a Orde do 26 de abril de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a institucións sen fins de lucro, entidades locais galegas e agrupacións de concellos, destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado, e se convocan para o ano 2016.

O importe máximo destas axudas non poderá, en ningún caso, superar o custo das actividades que desenvolvan as entidades beneficiarias; estas axudas serán compatibles, para os mesmos gastos subvencionables, con outras axudas concedidas por entidades públicas ou privadas sempre que a acumulación de axudas non supere a totalidade do custo e se respecten as condicións establecidas en cada réxime de axudas, na normativa aplicable. En caso de que o conxunto das axudas supere o custo das actividades, esta axuda reducirase na cantidade necesaria ata acadar o cumprimento do establecido anteriormente.

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes. A solicitude irá dirixida á Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Estado de tramite: Resolto

Comparte