Dinamización: PREMIOS DA CULTURA GALEGA 2023

PREMIOS DA CULTURA GALEGA 2023

A Xunta de Galicia celebrou os Premios da Cultura Galega, uns galardóns que teñen por obxecto recoñecer o labor creativo en Galicia e a súa expansión nos novos espazos que se abren na actualidade en diferentes ámbitos. As oito modalidades convocadas foron as de Letras, Artes Visuais, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior.

Ler máis

O xurado, presidido polo conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades e con representación do Consello da Cultura Galega, das universidades, da Real Academia Galega, da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, da Xunta de Galicia, a través das áreas de Cultura e Igualdade, e de catro persoas de recoñecido prestixio no eido da cultura, designadas polo Goberno galego, valorou as propostas en cada unha das modalidades para seleccionar os/as gañadores/as, que recibibon como premio unha escultura ou peza conmemorativa realizada por un/unha artista galego/a de acreditado prestixio e un diploma acreditativo.

Comparte