Dinamización: FESTEXAMOS A CULTURA!

FESTEXAMOS A CULTURA!

Gala de entrega dos Premios da Cultura Galega

O Museo Centro Gaiás acolle no serán do luns 23 de xaneiro unha celebración ben especial: a gala de entrega dos Premios da Cultura Galega 2016 , que se converten cada ano nun merecido e emotivo recoñemento á excelencia creativa galega.

 

Ler máis

María Xosé Queizán , Miguel Fernández-Cid, Sarabela Teatro, Maximino Zumalave, a cooperativa Numax , a Irmandade Xurídica Galega, o Museo de Pontevedra e Elena Zernova son as personalidades e entidades premiadas que recibirán, nesta edición, unha escultura de Manolo Paz como representación do galardón.

Os ritmos vangardistas da percusionista Lucía Martínez, os sons da gaita de Budiño e as melodías doces do óboe e fagot de Sara Fernández e Javier Sánchez serán a banda sonora desta cerimonia que contará  tamén coa acompañamento musical das voces do Coro de Cantigas e Agarimos. 

A gala do vindeiro luns pretende ser un xeito festivo e solemne de pór publicamente en valor a traxectoria e a calidade do traballo das persoas e entidades premiadas en prol da construción cultural de Galicia.

Comparte