Evento: Arquitectura A!
Arquitectura A!
A sustentabilidade, a conciencia social e a reciclaxe están transformando aos poucos a sociedade e a paisaxe que habitamos. A arquitectura tende a ser cada vez máis eficiente e a aproveitar todos os recursos naturais renovables que están á nosa disposición.
Neste taller, os rapaces e rapazas aprenden a traballar os volumes exteriores dos edificios para sacarlle o máximo partido ao deseño, constrúen museos sustentables de diferentes temáticas e crean contido con obxectos e materiais reciclados. Isto todo empregando caixas de embalaxes e de uso doméstico como elementos de construción e aproveitando a enerxía solar, a chuvia e o vento para xerar arquitecturas que non precisen de combustibles fósiles.
Unha vez terminados os edificios, planificarase unha cidade dos museos onde pór en común as creacións de todos os participantes no obradoiro.
- Dirixido a nenos de 10 a 12 anos
- O Obradoiro desenvolveráse do 21 ao 24 de xullo en horario de 11:00 a 13:00 h.
- Ofértanse 20 prazas previa inscripción desde o 24 de xuño nos enderezos electrónicos: cgac.educacion@xunta.es e cgac.pedagogia@xunta.es
Máis eventos de tipo Obradoiro