Evento: A paisaxe organística de Monforte de Lemos
A paisaxe organística de Monforte de Lemos
Da man de membros do equipo de catalogación dos órganos de Galicia, os participantes coñecen o esplendor do que foi o patrimonio organístico e musical de Monforte e ollar moi de preto, nunha oportunidade única, os órganos de Santa María da Régoa e San Vicente do Pino, hoxe tristemente silentes, pero que, aínda co paso do tempo, conservan inalterables o seu porte e nobreza.
Ademais, como complemento á xornada e, xa pola tarde, farase un percorrido pola vila, da man de Richard Rivera, guía especializado en música e coautor do Itinerario histórico-musical de Monforte de Lemos, editado por Ouvirmos, que nos achegará a outros espazos e aspectos destacados, non sempre tan evidentes nin coñecidos da vida musical monfortina.
A estación final do percorrido organístico e musical estará na capela do Colexio do Cardeal, na que se terá a oportunidade de escoitar un documento único: a recuperación, polo coro Vox Stellae e os Menestreis de 1500, dunha misa e dun motete compostos na honra do cardeal Rodrigo de Castro, soterrado nesta igrexa. Trátase dunha primicia para Espazos Sonoros.
Capacidade máxima: 60 persoas
Lugar de encontro: na porta da igrexa do Colexio do Cardeal (Monforte de Lemos)
Inscrición: do 5 ao 16 de setembro en actividades@espazossonoros.org
Público: para todos os públicos
Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro