Evento: Visita e faladoiro ao redor do xacemento arqueolóxico de Tourón
Visita e faladoiro ao redor do xacemento arqueolóxico de Tourón
O ciclo Monumenta dá a posibilidade de visitar o Centro de Interpretación da área arqueolóxica de Tourón, que é un dos complexos de arte rupestre ao aire libre máis singulares de Galicia.
Con máis de 15 hectáreas de extensión, ofrece a posibilidade de visitar cinco estacións rupestres onde se poden ver petróglifos e gravados sobre rocha que datan do Neolítico final-Idade de Bronce. Durante a ruta, repararase noutros elementos culturais situados ao longo do camiño; e desde os dous miradoiros poderase observar a paisaxe circundante.
A continuación, ás 20.30 horas, o comisario de arte contemporánea Ángel Cerviño e o artista sonoro Carlos Suárez falarán da relación entre natureza e arte no século XXI.
Esta visita e faladoiro rematará cun concerto de Leilía nos exteriores do centro de interpretación, ás 21 horas, para ás 22 horas, entre o lusco e fusco, gozar dunha visita guiada polo arqueólogo Santiago Vázquez Collazo á área arqueolóxica e visionado nocturno dos petróglifos. Ademais, Pablo Martínez Alemparte, arqueólogo e especialista en astronomía, guiará os asistentes polo firmamento e axudará a establecer conexións co xacemento.
A participación en todas as actividades e concertos de Monumenta é libre e de balde.
Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro