Evento: Talabarte Trío
Talabarte Trío
A formación Talabarte Trío pon fin a xornada de Monumenta ao redor do gótico mariñeiro de Noia.
Talabarte Trío son tres músicos procedentes de bandas como Berrogüetto, Marful e Susana Seivane. O violín de Quim Farinha, o acordeón diatónico de Pedro Pascual e o contrabaixo de Kin García son xa indispensables dentro da escena musical galega. Xuntos propoñen unha viaxe a través das músicas populares de Galicia e doutras latitudes. Talabarte deulle unha nova dimensión á música galega, partindo da bagaxe musical dos seus integrantes, cunha proposta que atravesa
fronteiras, pasando polos sons do leste europeo e o Mediterráneo.
Contemporaneidade e tradición nun concerto diferente, para alegrar os pés, as ideas e o resto dos sentidos.
A participación en todas as actividades e concertos de Monumenta é libre e de balde.
Máis eventos de tipo Concerto