Evento: Visita ao centro de interpretación da Fundación Aquae Querquennae

Visita ao centro de interpretación da Fundación Aquae Querquennae
domingo, 30 agosto, 2015 - 18:00
Centro de Interpretación da Fundación Aquae Querquennae Via Nova,
Bande

Visita ao centro de interpretación da Fundación Aquae Querquennae

Considerado un dos principais xacementos arqueolóxicos da comarca

O ciclo Monumenta permite coñecer o Centro de Interpretación da Fundación Aquae Querquennae, situado a carón da vila de Bande, está considerado como un dos principais xacementos arqueolóxicos da comarca. Cronoloxicamente dátase entre os séculos i e ii d.C. O conxunto atópase localizado preto da vía romana denominada Vía XVIII, calzada que unía Astorga e Braga. Coñecido como A Cidá (a cidade), este campamento militar de forma rectangular, no que destacan as súas murallas, controlaba o río Limia e os arredores. Aquí permanecía unha guarnición romana de infantería e cabalería que dominaba a poboación oriúnda. Aínda conserva a súa rampla de acceso, as torres cadradas e un foso.

Tamén se poden ver os piares nos que asentaban os almacéns. É posible que este lugar tivese naquela altura un hospital, dados os restos encontrados e
a existencia de mananciais de augas termais. Coñecedores das propiedades curativas que brotan nas inmediacións do campamento, os romanos aproveitáronse sempre deste recurso natural.

A participación en todas as actividades e concertos de Monumenta é libre e de balde.

Descargas

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Visitas guiadas
15 de outubro a 31 de decembro
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Libros venerados en venerables bibliotecas
17 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
ReDescubrindo Ourense. A Esmorga
27 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense