Evento: Odaiko
Odaiko
O ciclo Monumenta celebra un concerto de Odaiko nos exteriores do centro de interpretación da Fundación Aquae Querquennae Via Nova. Tamén se poden ver os piares nos que asentaban os almacéns.
Este grupo integrado por licenciados en percusión formouse en Holanda no ano 2003. A súa proposta artística céntrase na exploración da música tradicional, pero na súa variante percutiva, faceta pouco traballada pola dificultade que supón a diversidade técnicomusical. Teñen participado en grandes festivais internacionais de Holanda, Estados Unidos de América, México, Taiwán, Filipinas etc. Realizaron gravacións con diferentes artistas e formacións como Budiño, Nova Galega de Danza, Orquestra Nacional de Irlanda ou A Orquestra Sinfónica de Galicia.
Na actualidade, Odaiko é un dos grupos máis solicitados pola súa facilidade para enganchar públicos de todas as idades.
A participación en todas as actividades e concertos é libre e de balde.
Máis eventos de tipo Concerto