Evento: Visita ao monumento de Santa Eulalia de Bóveda
Visita ao monumento de Santa Eulalia de Bóveda
Visita ao monumento de Santa Eulalia de Bóveda da man da especialista en arqueoloxía da arquitectura Rebeca Blanco.
As peculiares características deste templo tardo-romano, que chegou a ter usos cristiáns baixo a advocación de Santalla, suscitaron desde o seu descubrimento
múltiples interpretacións sobre a súa finalidade orixinal: lugar de baños, ninfeo, templo dedicado a Prisciliano... Neste edificio de planta rectangular destaca a ornamentación da bóveda de canón na que aparecen representados diferentes tipos de aves pintadas entre motivos vexetais. Tamén sobresae o seu arco de ferradura, considerado como o máis antigo que existe na arquitectura española como elemento estrutural. As impresionantes pinturas, as súas especiais características e todas as controversias respecto da súa orixe fan deste monumento prerrománico un dos máis senlleiros do occidente europeo.
- Programa Monumenta 2015886.11 KB
Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro