Evento: Escoitas arredor de Tunde Jegede e Diana Boroni
Escoitas arredor de Tunde Jegede e Diana Boroni
Coñecer de preto, conversar e escoitar ao vivo dúas carismáticas personalidades de a cabalo entre dous mundos, o da música tradicional e de raíz e o da música máis académica, que conflúen no proxecto, liderado por Diana Baroni, arredor das culturas afroamerindias e a súa mestizaxe coa música europea.
Tunde Jegede é compositor e músico especializado na interpretación da kora, un delicado e fascinante instrumento tradicional da cultura africana a medio camiño entre a arpa e o laúde. Poliédrico e virtuoso, Tunde posúe un amplo coñecemento da cultura tradicional africana e recibiu clases de kora e de tradición griot co mestre gambiano, Amadu Bansang Jobarteh.
Diana Baroni é unha das máis destacadas intérpretes especialistas en frauta traveseira. De sólida formación no ámbito da música clásica e barroca, a súa curiosidade levouna a explorar outros campos como o da música tradicional, para o que funda o seu propio proxecto, no que colaboran músicos da altura de Rafael Guel, Alfonso Pacín, Lincoln Almada ou Tunde Jegede, na procura de novas mestizaxes culturais e musicais a partir do repertorio latinoamericano.
Máis eventos de tipo Concerto