Evento: De minas e viñas

  • Ponte romana de Éntoma
  • Banner Espazos Sonoros
De minas e viñas
sábado, 10 outubro, 2015 - 11:00
-Entoma,
O Barco de Valdeorras

De minas e viñas

Xornada de lecer arredor da paisaxe natural e cultural de Éntoma

A pequena parroquia de San Xoán de Éntoma, no concello do Barco, é un lugar de singulares e abondosas pegadas da historia perceptibles aínda nunha paisaxe, na que se detecta unha transformadora presenza humana, tanto a través do cultivo da vide, como dos vestixios de antigas explotacións mineiras. O percorrido por estas terras parte da igrexa parroquial de San Xoán, unha singular construción en pedra vermella do país, que loce nunha das portas laterais a cruz da orde de San Xoán de Xerusalén ou de Malta, á que pertenceu esta igrexa.
A primeira parte do itinerario coincide co Camiño de Inverno a Compostela, do que se separa para ir tomando altura cara aos lugares das Covas e dos Forroxancos, onde son visibles restos relacionados coa extracción de recursos mineiros na Antigüidade. O camiño continúa ascendendo entre viñas ata o miradoiro da Torrizola e, posteriormente, a ruta descende cara ao río Galir, que se cruza por un pontón de madeira para regresar á aldea.
O percorrido faise acompañado polo experto e arqueólogo Santiago Ferrer, que ensina sobre a paisaxe dun dos extremos máis orientais da xeografía galega. De volta en Éntoma, pódese participar en diferentes actividades e obradoiros arredor da cultura e dos procesos de elaboración do viño nas adegas Roandi.

O percorrido ten unha lonxitude de 7,84 Km. e a súa duración é de unhas 3 horas.

Inscripcións: actividades@espazossonoros.org (desde o 26 de setembro ao 7 de outubro).

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Visitas guiadas
15 de outubro a 31 de decembro
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Libros venerados en venerables bibliotecas
17 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal