Evento: Concerto do Dúo Fernández & Quintá
Concerto do Dúo Fernández & Quintá
O dúo Fdez. & Quintá, formado por Óscar Fernández e Carlos Quintá, reinterpreta para Espazos Sonoros músicas tradicionais, nomeadamente do cancioneiro instrumental galego, a través dun repertorio de muiñeiras, xotas, valses, mazurcas, polcas e foxtrots, e cancións tradicionais mariñeiras.
O seu repertorio complétase con composicións orixinais e temas doutras culturas europeas que transforman o repertorio tradicional de baile nunha refinada e íntima sensación melódica. Estes dous instrumentos, a zanfona e o acordeón, a pesar de ter fondo arraigamento na música tradicional galega, non chegaron a coñecerse entre si. Cando esmorecía a zanfona no interior de Galicia, a finais do XIX, chegaba o acordeón á costa.
O acordeón achega a harmonía, os baixos e unha melodía dinámica; a zanfona, a calidez das cordas fretadas e a percusión do bordón. Unha orquestrina completa con só dous músicos.
Máis eventos de tipo Concerto