Evento: Festa da Faba

Festa da Faba
sábado, 1 outubro, 2016 a domingo, 2 outubro, 2016
Arredores Mosteiro San Salvador,
Lourenzá

Festa da Faba

Festa de interese turístico de Galicia de exaltación da faba

A abundancia de chuvias, as características do solo e as técnicas tradicionais de cultivo conxúranse na Mariña luguesa para producir unhas fabas de excepcional calidade que foi recoñecida coa Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá.
Na promoción desta leguminosa, que no Val de Lourenzá se cultiva nas súas variedades locais, Faba Galaica e Faba do Marisco, e comercialízanse secas e separadas da súa vaina, enteiras e limpas, xoga un importante papel, desde 1990, a Festa da Faba, un grande encontro de produtores, compradores, tratantes e consumidores.
Os fabeiros sitúan as súas casetas rústicas, de madeira e lona ao ar libre nos arredores do mosteiro de San Salvador, e os artesáns e distintas entidades ocupan a zona do claustro cos seus expositores.
As degustacións gastronómicas son só unha parte do programa da festa, que se nutre de eventos lúdicos e culturais, entre os que cobrou especial relevancia o Concurso de Fotografía, e conta con atraccións destinadas ao público infantil.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Semana Santa de Lugo
4 de abril a 20 de abril
Lugo
Festas do Santísimo Cristo
5 de abril a 21 de abril
Varios espazos
Feira do Viño de Amandi
11 de abril a 13 de abril
Varios espazos
Semana Santa de Cangas
11 de abril a 20 de abril
Cangas