Evento: O piloto. O último guerrilleiro

  • O piloto, de Alfonso Eiré
O piloto. O último guerrilleiro
venres, 2 outubro, 2015 - 20:00
Libraría Káthedra,
Ourense

O piloto. O último guerrilleiro

Alfonso Eiré presenta a súa última publicación en Hércules de Ediciones

Presentación de Alfonos Eiré, dentro dos encontro entre autores e lectores dos Venres nas librarías

Xosé Luís Castro Veiga (O Corgo 1915-Chantada 1965), coñecido popularmente como Piloto, non se converteu en mito por ser o último guerrilleiro morto en combate en todo o estado. As súas fazañas, a súa lenda e a necesidade dos resistentes antifranquistas xa o elevaran a esa categoría en vida.

Este libro non é so unha exhaustiva biografía que recolle toda a súa andaina e as súas obras, separando lenda de realidade, o certo da ficción, a construción popular das actuacións da personaxe. Tampouco é unha novela histórica na que se ficciona unha figura senlleira e a súa época.

O Piloto, o último guerrilleiro é un libro de investigación novelada no que falan os documentos, pero tamén os protagonistas directos e indirectos con voz propia, situados cada un nos seus diversos tempos, na súa época e nas súas particulares circunstancias.

Alfonso Eiré
Afonso Eiré López, coñecido como Pucheiro, nacido en Laxe (Chantada) o 15 de febreiro de 1955, é xornalista e escritor.

Estudou no Seminario de Lugo. Aos 14 anos comezou a colaborar en El Progreso e aos 16 dirixiu a revista xuvenil O Cabeceiro. Estudou periodismo na Universidade de Madrid. Colaborou en diversos medios de carácter estatal. En 1977 comezou a traballar en A Nosa Terra e entre 1983 e 2007 foi o seu director. En 2007 ascendeu conselleiro delegado de A Nosa Terra.

Entre as súas obras, etán O fútbol nasociedade galega, 1998, A Nosa Terra; Chantadana historia, 2010; Infiltrados. Os servizossecretos, a UPG e outras historias donacionalismo, 2013, Biblos Clube; Amigossempre, 1998, A Nosa Terra, ou O penalti de Fuco, 2012, Baía.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Peza do mes: Urna de Cameixa
1 de decembro a 31 de decembro
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Actividades de inverno
10 de decembro a 28 de febreiro
Museo Provincial de Pontevedra
Mercado de Nadal 2024
29 de novembro a 5 de xaneiro
Rúa da Carreira do Conde