Evento: Desembarco no castelo de San Felipe
Desembarco no castelo de San Felipe
Esta andaina propón experimentar a mirada e a observación desde dentro do contorno privilexiado da ría de Ferrol. A súa configuración de porto natural ofrece un perfecto abrigo dos ventos dominantes e dos temporais, fronte ao inmenso Atlántico que agarda á volta do Cabo Prioriño.
O paseo ten como obxectivo desembarcar no Castelo de San Felipe, utilizando a súa entrada natural por mar, xa en desuso. Con esta experiencia, poderase comprender por que a ría foi elixida como lugar de asentamento desde os tempos antigos (dos castrexos, dos romanos, dos normandos) e por que, no século XVI, fronte aos ataques da Armada inglesa, se ergueron os castelos de San Felipe, A Palma e San Martiño, na bocana de ría, e a fixeron inexpugnable.
CAMIÑANTES CONVIDADOS
Rebeca Blanco Rotea, investigadora asociada do Grupo de Investigación Síncrisis, Universidade de Santiago de Compostela e colaboradora do INCIPIT e do CSIC. Xaquín Ferrer Cruz, arqueólogo ferrolán
cunha ampla experiencia en escavacións e restauracións por toda Galicia.
Inscrición previa: imprescindible inscrición, do 12 de xullo ao 29 de xullo, no web de Monumenta: https://galiciamonumenta.wordpress.com.
- Programa Monumenta 20161.77 MB
Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro