Evento: Patrimonio industrial dos vales do Ulla-Umia

Patrimonio industrial dos vales do Ulla-Umia
sábado, 6 agosto, 2016 - 10:00
Fábrica Azucreira de Portas, na rúa Estación,
Caldas de Reis

Patrimonio industrial dos vales do Ulla-Umia

Roteiro para coñecer e pór en valor a tradicion fabril da zona

Pór en valor a tradición fabril da zona é o obxectivo desta actividade do ciclo Monumenta na que se visitan algúns complexos industriais situados no concello de Caldas de Reis.

Introducirase na tradición artesá, comercial e industrial desde a Idade Moderna ata a época contemporánea, propia da bisbarra do Ulla-Umia, que aínda hoxe mantén importantes fábricas no ámbito da química, da alimentación, da metalurxia e da madeira.

Camiñante convidado: Xoán Carmona Badía,catedrático de institucións económicas da Universidade de Santiago de Compostela, investigador da historia marítima e empresarial, e do patrimonio industrial.

Máis información: info@sinsalaudio.org e no teléfono 619 637 211

Descargas

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Visitas guiadas
15 de outubro a 31 de decembro
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Libros venerados en venerables bibliotecas
17 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal