Evento: A Fonsagrada e as terras de Burón
A Fonsagrada e as terras de Burón
A andaina de Monumenta visitará varios exemplos de arquitectura da zona, como a igrexa de Santa María, construción barroca con tres naves e unha ábsida, a torre de Altamira ou o castelo de Burón, construción dos condes de Altamira que foi derrubada polos Irmandiños, capitaneados por Pedro Osorio, durante a Revolta do século XV e que foi reconstruída despois pola familia dos Moscoso. Tamén se coñecerá a igrexa de Santa María de Allonca, unha fermosa arquitectura rural nunha fraga de amieiros, castiñeiros e carballos, e as corripas, unhas pequenas construcións de pedra circulares ou cadradas utilizadas para a conservación e o manexo da castaña, produto que foi básico na economía e na alimentación desta zona.
CAMIÑANTES CONVIDADOS
Antonio de Vega, arquitecto e profesor da Universidade de Santiago de Compostela. Juanjo Molina, director do Museo Etnográfico da Fonsagrada e investigador. Xoán-Xil López, artista e paisaxista sonoro.
Inscrición previa: inscrición, do 12 de xullo ata o venres 5 de agosto, na web de Monumenta: https://galiciamonumenta.wordpress.com. Admisión por orde de inscrición.
Enlace da ruta: http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=13665026
MÁIS INFORMACIÓN: info@sinsalaudio.org e no teléfono 619 637 211
- Programa de Monumenta 20161.77 MB
Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro