Evento: Contos de fronteira e contrabando na vía nova

Contos de fronteira e contrabando na vía nova
sábado, 20 agosto, 2016 - 17:30
Ponte Liñares,
Rairiz de Veiga

Contos de fronteira e contrabando na vía nova

Andaina con música e faladoiro itinerante pola romana Vía Nova

Esta andaina de Monumenta lévanos por un dos tramos mellor conservados desta vía romana de alto valor patrimonial. Coñecerase a riqueza natural, orográfica, paisaxística, etnográfica e arqueolóxica desta zona con paradas nos miliarios do Padrón (Vía Nova), o castro de San Miguel, lugar de culto da Ascensión, e repararase naqueles aspectos máis interesantes dos camiños rurais e nas carballeiras.

CAMIÑANTES CONVIDADOS
David de Bande, arqueólogo e bo coñecedor dos novos tramos da vía romana. Rubén Perdiz, da Asociación Arnau, que está a traballar pola declaración de Patrimonio da Humanidade. Toño Cesteiro (de Lobeira), gaiteiro, que é tamén (como indica o seu alcume) un dos grandes mestres na antiga arte da cestería, que lle porá música á xornada. Dirixidos, en formato “barriografía” ou faladoiro itinerante, polo músico e escritor Xurxo Souto.

Enlace da ruta: http://gl.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=13596831
MÁIS INFORMACIÓN: info@sinsalaudio.org e no teléfono 619 637 211

Descargas

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Visitas guiadas
15 de outubro a 31 de decembro
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Libros venerados en venerables bibliotecas
17 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal