Evento: XVI Festival Jazz de Lugo

XVI Festival Jazz de Lugo
martes, 11 outubro, 2016 a domingo, 20 novembro, 2016
Varios espazos,
Lugo

XVI Festival Jazz de Lugo

Escolma do mellor jazz para gozar de novembro

O Festival de Jazz de Lugo difunde este xénero a través de 25 citas en cinco espazos da cidade. Os concertos e as ‘jam sessions’ son as actividades centrais desta programación, que inclúe tamén o ciclo de cine Documenta Jazz e unha clase maxistral de Dean Brown.

O Círculo das Artes, o Club Clavicémbalo, o pub Ho! Gruf, a Casa do Saber da Universidade de Santiago e a escola Fábrica de Sons serán as sedes deste encontro musical que, baixo a organización da Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz, volverá reunir en Lugo grandes figuras a nivel internacional e estatal, así como recoñecidas formacións do panorama jazzístico galego.

Os afeccionados do Jazz poderán gozar de multitude de actuacións que se desenvolven en Lugo grazas á magnífica organización da asociación de Amigos de Jazz, Escobijaz, que leva desde 1989 presentando a mellor música jazz nesta cidade.

Na carteleira deste XXVI Festival de Jazz destacan grupos como The Cookers, integrado por sete figuras míticas da escena estadounidense, ou Donny McCaslin Quartet, a banda coa que David Bowie gravou o seu último disco. Tamén tocarán en Lugo os noruegos Pocket Corner e outras sobresaíntes formacións norteamericanas, como as encabezadas pola violinista Maureen Choi, o trompetista Jeremy Pelt, o pianista Bruce Brath e os guitarristas Jonathan Kreisberg e Dean Berown.
 
Así mesmo, figuran neste cartel relevantes nomes da escena jazzística estatal como o Gorka Benítez Trío, o Miguel Angel Chastanhg Quintet, Tumbando a Monk e Raynald Colom Quartet, xunto cos representantes do jazz galego Alfonso Calvo Septet, Alfredo García Quintet, Buxeiro Trío, 2M, Los Hot Chocolartes, Garufa Blue Devils Big Band e Marcos Pin & Paco Charlín.

Programa do Festival de Jazz de Lugo 2016

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos