Evento: Visitas familiares á exposición Camilo José Cela. Centenario dun Nobel

Visitas familiares á exposición Camilo José Cela. Centenario dun Nobel
martes, 27 decembro, 2016 a venres, 30 decembro, 2016
Museo Centro Gaiás,
Santiago de Compostela

Visitas familiares á exposición Camilo José Cela. Centenario dun Nobel

Percorridos adaptados nas que gozan por igual grandes e pequenos

Durante o Nadal, a exposición Camilo José Cela 1916-2016. O centenario dun Nobel. Un libro e toda a soidade ábrese ás familias con percorridos adaptados nas que gozarán por igual grandes e pequenos.

Despois dunha visita comentada á exposición, na que descubrirán a obra do Premio Nobel galego, maiores e cativos entrarán no Estudo do Escritor. Alí experimentarán os segredos da creación literaria nun obradoiro creativo no que aprenderán a crear personaxes e contar as súas propias historias como auténticos literatos.

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

As historias da música gravada en Galicia
21 de setembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Compostela filmada
3 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
A Compostela do Reino de Galicia
24 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal