Evento: Antes de la metralla
Antes de la metralla
Antes de la metralla non pretende ser unha representación. É un encontro real entre persoas que por unha parte aportan o seu punto de vista e, por outra, están dispostas a amosarse máis alá do refuxio da palabra. O obxectivo é expoñer algunhas orientacións e interpretacións da escena contemporánea desde diferentes ángulos, perspectivas ou implicacións. Antes de la metralla idéase como un traballo in situ, cuns días previos de encontro e cunha posta en escena final, pero sen ánimo de que sexa un espectáculo pechado, senón máis ben a mostra do resultado dese encontro: un acontecemento para un marco específico. É un proxecto en desenvolvemento, carente de valor comercial. Os participantes, na súa condición de cómplices, testemuñas, acompañantes e colaboradores, están directa ou indirectamente ligados coa escena. Todos espectadores.
Matarile Teatro
Fundada en 1986, é unha das formacións galegas máis internacionais e galardoadas. En 1993 crea e xestiona o Teatro Galán de Compostela, espazo dedicado á programación e difusión do teatro e a danza contemporánea en Galicia. Matarile Teatro detén a súa actividade desde setembro de 2010 a setembro de 2013, data na que reinicia as súas producións coa estrea de Staying Alive, á que seguen Teatro Invisible, Hombres bisagra e El cuello de la jirafa, todas elas en activo. No 2016, a compañía celebrou o seu 30 aniversario. Os espectáculos de Matarile Teatro representáronse en cidades doutros países como: Boston, Brasilia, París, Belgrado, Novi Sad, Porto, Leipzig, Boloña, Dresde, Edimburgo, Bucarest, Rennes e proximamente en Timisoara, en Romanía.
Ficha Artística
Dirección: Ana Vallés | Textos e coreografías: Equipo Metralla | Iluminación e espazo: Baltasar Patiño | Coreografías: Equipo Metralla | Vestiario: Equipo Metralla | Selección musical: Equipo Metralla | Documentacións: Jacobo Bugarín + Rubén Vilanova | Produción: Laura Sánchez | Co soporte de: Matarile Teatro e os festivais 32 MIT Mostra Internacional Teatro de Rivadavia 2016, FITO Festival Internacional de Teatro de Ourense 2016, Escenas do Cambio Compostela 2017, ALT de Vigo Festival Alternativo das Artes Escénicas de Vigo 2017.
Antes de la metralla son: Mónica García, Eduardo Pérez-Rasilla, Carlos Aladro, Ana Contreras, Lara Contreras, Ricardo Santana, Baltasar Patiño,Celeste González, Ana Vallés | Colaboracións especiais Metralla Escenas do Cambio 2017: María Roja, Jacobo Bugarín, Ignacio Sanz.
Estrea
Xullo 2016. Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia-MIT 2016 (Ourense).
Máis eventos de tipo Espectáculo