Evento: Caligrafía do son
Caligrafía do son
Xapón e a arte da caligrafía motivan o primeiro programa do ciclo Do Audible en 2017 Caligrafía do son, que conta coa presenza da performer e calígrafa nipoa Aoi Yamaguchi. Aio Yamaguchi, multipremiada como calígrafa en Xapón, colaborou xa con músicos, compositores de contemporánea, produtores, bailaríns, modelos etc.
Na actualidade vive en Berkeley, California, e traballa en instalacións, mostras, performance e deseño gráfico ao redor da caligrafía, mesturando formas tradicionais con estéticas contemporáneas. A Basílica de Santa María a Maior de Pontevedra, a igrexa principal da cidade do Lérez, acolle o espectáculo de Aoi Yamaguchi, acompañado do traballo en videocreación da colaboradora de Vertixe Sonora Masako Hattori, nunha sesión única.
Caligrafía do son ofrecerá a posibilidade de escoitar por primeira vez en España partituras únicas do compositor Toshio Hosokawa (Hiroshima, 1955): dúas estreas en España, a reestrea dunha partitura de 1981 –perdida e recentemente recuperada–, e a estrea mundial de Souvenir aus Japan.
Do Audible é un ciclo de concertos que procura achegar puntos de encontro entre a música, a ciencia, a arte e o pensamento contemporáneos na conquista dunha percepción musical máis consciente.
Colaboran: Vicerreitorado de Pontevedra, Fundación Japón, Casa Galicia-Japón e Departamento de Xaponés das Escolas Oficiais de Idiomas de Vigo e da Coruña
- Programa Do Audible 20171.29 MB
Máis eventos de tipo Concerto