Evento: Hibridación
Hibridación
O zoólogo Julio Parapar, profesor na Universidade da Coruña e participante nas expedicións da Antártida (Ventart 2003 e Ventart 2006), é o convidado no programa Hibridación.
Acompañando a charla do profesor Parapar, o programa musical presenta dúas formas de hibridación: Saturnian Songs de Juan Arroyo para conxunto e violoncello híbrido (estrea mundial completa), coa participación da solista do Cuarteto Tana Jeanne Maisonhaute; e Room & Elbow de Abel Paúl, estreada por Vertixe Sonora no Auditorio400 do Museo Reina Sofía e gañadora do XXVII Premio Jóvenes Intérpretes da Fundación SGAE-CNDM 2016.
En 2017, o ciclo Do Audible aborda a relación da música coa arte da caligrafía xaponesa, a auga, a zooloxía e o corpo humano. Abrir novos horizontes na creación musical contemporánea. Ese é o obxectivo do ciclo Do Audible, que en 2017 chega á súa quinta edición, organizado pola Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, coa intención de seguir creando novos formatos para a experiencia musical.
Máis eventos de tipo Concerto