Evento: Found footage

Found footage
martes, 11 xullo, 2017 a venres, 14 xullo, 2017
Centro Galego de Arte Contemporánea,
Santiago de Compostela

Found footage

Obradoiro de creación audiovisual dirixido por Javier Trigales

Con motivo da exposición Bañistas, ensaio visual de fotografía anónima atopada na que o comisario Xosé Manuel Buxán Bran recupera material fotográfico abandonado, o CGAC programa, no marco dos Talleres de Lecer, un taller de found footage dirixido por Javier Trigales.

Nun presente no que o fluxo de imaxes se converteu en bombardeo atroz, cando xa todo foi mostrado é un acto necesario de ecoloxía repensar e reutilizar as imaxes existentes, achegando luz ao magma informe legado polo cine e a televisión e creandonovos discursos e asociacións. Na actualidade, unha serie de nomes tanto nacionais como internacionais manteñen este subxénero máis vivo que nunca e convérteno nunha das ramas máis frutíferas e apaixonantes da videoarte e o cine experimental. Neste taller analizarase o pasado e o presente da reciclaxe de imaxes e os/as participantes construiran a súa propia peza de found footage.

O principal obxectivo deste taller é aprender a linguaxe audiovisual do found footage e do cine experimental e de creación. Ao longo de catro xornadas identificaranse as ferramentas que utilizan os directores e valorarase a importancia e a transcendencia das obras analizadas, trataremos de comprender mellor unha parte clave do cine experimental e a evolución que sufriu ao longo destes anos ao tempo que fomentamos a creatividade e as capacidades artísticas dos asistentes para que busquen unha voz propiadentro da linguaxe audiovisual.

Con este fin estudarase a evolución histórica e as diferentes técnicas de reapropiación da imaxe a través de exemplos audiovisuais: planos, secuencias e curtametraxes das figuras máis importantes do found footage. Ademais utilizaranse imaxes de arquivo para traballar de forma práctica nunha peza audiovisual propia.

PRAZAS ESGOTADAS

Folleto da actividade

Horario: de 11:00 a 13:00 h

PROGRAMA

Martes, 11 de xullo: Prehistoria da apropiación da imaxe
Os grandes nomes: Bruce Conner, Ken Jacobs, Chris Marker e outros. Entrega de imaxes de arquivo para traballar na aula.

Mércores, 12 de xullo: Do artefacto pop ao estruturalismo e o terror cósmico
Jeff Keen, Hollis Frampton, Peter Tscherkassky e outros. Traballo sobre as imaxes de arquivo para realizar unha peza audiovisual.

Xoves, 13 de xullo: Reapropiación e revolución. O found footage como relectura sociopolítica e arma revolucionaria
Harun Farocki, Barbara Hammer, Santiago Álvarez e outros. Traballo sobre as imaxes de arquivo para realizar unha peza audiovisual.

Venres, 14 de xullo: Pasado e presente da metraxe encontrada en España
Iván Zulueta, María Cañas, Xurxo Chirro e outros. Supervisión e finalización das pezas de found footage realizadas por cada unha das persoas asistentes ao curso.

Máis información: http://cgac.xunta.gal/GL/actividad-detalle/142/taller_found_footage

Máis eventos de tipo Obradoiro

Os enigmas da arte
19 de outubro a 30 de novembro
Museo de Belas Artes
Cestería de colmo
24 de novembro
Museo do Castro de Viladonga
Ciencia en acción
29 de novembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola