Evento: A Valga romana
A Valga romana
O río Ulla serviu de vía de entrada e saída, non só de produtos comerciais, senón tamén de intercambios culturais. Nesta andaina, achegarémonos á época romana desde os últimos achados arqueolóxicos, pero tamén ao rastrexar as influencias culturais que permaneceron ata a Valga actual. As augas do Ulla, os xacementos de Mercado dos Mouros, antigo porto comercial datado no século iv, e de Igrexa Vella, cos restos da edificación que estivo activa desde a época romana ata o século xviii, serán as principais testemuñas que mostrarán unha visión única deste territorio.
MONUMENTA DIVULGA: Veranse paraxes naturais como a ribeira do Ulla ou a maior lagoa (de orixe non natural) da provincia de Pontevedra, xacementos arqueolóxicos e antigos métodos de traballo, herdados e optimizados, que serviron e condicionaron o desenvolvemento da contorna.
CAMIÑANTE CONVIDADO: Santiago Chenlo Campos é licenciado en historia da arte pola usc, responsable do Museo da Historia de Valga.
ANDAINA
Hora de saída: 10:00 h
Hora de regreso estimada: 14:00 h
Distancia: 11 quilómetros
Dificultade: baixa
Público destinatario: actividade axeitada para todos os públicos.
Inscrición previa: prazas limitadas a 100 persoas. Imprescindible inscrición, 03 de agosto ao 10 de agosto, na web: http://monumentagalicia.com. Admisión por orde de inscrición.
Máis: info@sinsalaudio.org e no teléfono 619 637 211.