Evento: Os cultos en Santa Mariña de Augas Santas
Os cultos en Santa Mariña de Augas Santas
No ano 1931, a contorna da igrexa de Santa Mariña foi declarada Monumento Histórico-Artístico, e no ano 1963, a comarca tamén Conxunto Histórico-Artístico. Santa Mariña de Augas Santas constitúe un centro cultural desde hai máis de 2000 anos, no que conflúen os restos arqueolóxicos e históricos, a toponimia e a memoria oral dos veciños da parroquia de Augas Santas, elementos que discorren en dúas direccións, vinculados á orixe castrexa da cripta e á cristianización do territorio. Estes aspectos quedaron plasmados, dalgún xeito, na secuencia cronolóxica do conxunto.
CAMIÑANTES CONVIDADOS: Rebeca Blanco-Rotea e Patricia Mañana Borrazás participaron no estudo do conxunto realizado por lapa-csic: o levantamento topográfico con láser-escáner e a lectura estratigráfica de alzados da basílica da Asunción e do forno da Santa, no conxunto de Santa Mariña de Augas Santas.
A ANDAINA
Hora de saída: 11.00 h
Hora de regreso estimada: 14.00 h
Distancia: 5 km
Dificultade: media-baixa
Público destinatario: actividade axeitada para todos os públicos, agás a entrada á basílica/forno.
Inscrición previa: prazas limitadas a 125 persoas.
Imprescindible inscrición, do 25 xullo ao 04 de agosto, na web: http://monumentagalicia.com.
Admisión por orde de inscrición.
Máis: info@sinsalaudio.org e no teléfono 619 637 211.
- Programa Monumenta 20172.69 MB
Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro