Evento: CulturHelp

  • CulturHelp!
CulturHelp
venres, 20 marzo, 2015 - 18:00 a 20:30
Casa Mariñeira de Portonovo,
Sanxenxo

CulturHelp

Festival cultural solidario

A idea nace en outubro de 2014 có obxetivo de converterse no primeiro ciclo cultural solidario realizado en localizacións do Concello de Sanxenxo. 
Unha iniciativa que xorde como Traballo de Fin de Grao de Andrea Area, alumna de último curso de Comunicación Audiovisual da Facultade de Cencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra.  
 
O obxetivo do proxecto é ofrecer ós veciños desta localidade do Salnés, a posibilidade de axudar e de ser axudados. A crisis económica levou a moitas  familias deste pobo  a vivir en condicións de máxima dificultade. Así, o banco de alimentos de Vilalonga e organizacións como Cáritas  convertéronse nas súas fontes directas para conseguir produtos de primeira necesidade.
 
As donacións feitas durante os 3 días do festival en forma de alimentos, roupa, calzado ou aportacións económicas, serán destinados para Cáritas Noalla, Cáritas Vilalonga, Cáritas Sanxenxo e Cáritas Portonovo. 

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos