Santiago, cidade ilustrada
19 de abril - 9 de maio
La Rural. Hall Acceso á Sala Hernández
A capital de Galicia foi adquirindo un destacado protagonismo na literatura infantil e xuvenil e no cómic, como reflicten estas 70 ilustracións de destacados artistas recompiladas por El Patito Editorial.
Outros verbos, novas lecturas: Valle-Inclán traducido [1906-1936]
26 de abril - 8 de maio
El Cultural San Martín
A internacionalización da obra de Ramón María del Valle-Inclán centra esta exposición promovida co Consello da Cultura Galega no 150º aniversario do nacemento do escritor.
Camilo José Cela no seu centenario
20 de abril - 5 de maio
Universidad de Ciencias Empresariales y Sociales (UCES) - Paraguay 1318
A intensa relación que o premio Nobel galego mantivo con Arxentina ao longo da súa vida protagoniza esta mostra organizada pola Fundación Pública Camilo José Cela.
Blanco Amor. A mirada e o desexo
24 de abril - 9 de maio
Usina del Arte
Xunto co seu labor de escritor, Blanco Amor levou a cabo unha intensa actividade como fotógrafo, unha mirada creativa que se recolle nesta exposición promovida por Galaxia/Mar Maior e pola Xunta de Galicia.
Galicia imaxinada nas revistas da emigración
27 de abril - 30 de maio
Centro Galicia
O Consello da Cultura Galega retrata a Galicia dos emigrantes, a real e a idealizada, a través das publicacións da colectividade.
José Suárez. Uns ollos vivos que pensan
Outubro - decembro de 2016
100 imaxes en branco e negro, material documental e audiovisuais abordan o periplo personal deste fotógrafo galego de referencia, que o levou por diversos países de América Latina. Exposición organizada pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia.