Nova: A Casa-Museo Manuel María celebra a II Xornada do Día das Letras Galegas
07/05/2016
A Casa-Museo Manuel María celebra a II Xornada do Día das Letras Galegas
Outeiro de Rei (Lugo), 7 de maio de 2016.- O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, inaugurou esta mañá na Casa-Museo Manuel María a “II Xornada do Día das Letras Galegas. Manuel María” organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e polo Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI).
Acompañárono na mesa Pilar Méndez Lombao, concelleira de Cultura de Outeiro de Rei; Saleta Goi Regueira, viúva de Manuel María; Xesús Alonso Montero, presidente da Real Academia Galega e Alberte Ansede Estraviz, secretario da Fundación Manuel María.