Evento: Os presentes simbólicos

  • hardo
Os presentes simbólicos
Martes, 6 noviembre, 2018 - 20:30
Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI),
A Coruña

Os presentes simbólicos

Presentación: Alberto Carton (comisario), Antón Reixa. Conversación: Teo Manuel Abad y Xisela Franco

Xavier Villaverde, Galicia Caníbal, 1985, 7 min

Estética de viodeoclip con música dos Resentidos. Apropiación e superposición de imaxes que proxectan unha Galicia democrática e moderna, complexa, icónica e simbólica, cordialmente irónica.

Xavier Villaverde, Alicia en Galicia Caníbal, 1985, 3 min 49 s

Extracto en vídeo da instalación multidisciplinar que Xavier Villaverde realizou, co apoio da Universidade Internacional Menéndez Pelayo, nunha igrexa da Coruña.

Ignacio Pardo, Parpadeo, 1986, 3 min 16 s

Fusión entre a ollada segmentada do ollo humano (fotogramas sucesivos de pestanexos, de fixación óptica co espectador e coa anatomía concreta externa do órgano visual e sobreposición cromática, manipulacións en monocromía. .

Ignacio Pardo, Ojo de pez, 1994, 5 min 11 s

Imáxes infográficas e inclusións subliminais de fotogramas dunha muller e un home en acción sexual. Entrevisto, referencias afastadas a Hokusai.

Antonio Segade, Durme Rainer, xa estás morto, 1987, 5 min 6 s

Esta obra experimental homenaxea a Rainer Werner Fassbinder apropiándose e reutilizando sintética e cromaticamente imaxes das películas do director alemán: La tercera generación (1979), Querelle (1982) e El matrimonio de María Braun (1978).

Eloy Lozano, Numeralia, 1988, 3 min 15 s

Planos diferentes con números sen correlación, grafismos e letras sobre imprimacións infográficas texturizadas.

Teo Manuel Abad, HARDO, 1991, 12 min 25 s

O radical e sanguíneo nun ambiente de desilusión postermonuclear e de encerramento agónico, con superposicións e saltos narrativos nunha oclusión estética de uniformidade pseudoindustrial.

Teo Manuel Abad, 365, 1991, 9 min 24 s

Relatorio visual de programas e informativos de televisión, ligado coa vocalización numérica dos trescentos sesenta e cinco días dun ano, unha narración non funcional, e un poema de Luisa Castro.

Más eventos de tipo Proyección audiovisual

Toni Erdmann
7 de enero
Filmoteca de Galicia
Paradise is Burning
8 de enero
Filmoteca de Galicia
El reflejo de Sibyl
8 de enero
Filmoteca de Galicia
El reflejo de Sibyl
9 de enero
Filmoteca de Galicia