Nova: Reunión con la nueva directiva da Asociación Escena Galega

15/07/2015

Reunión con la nueva directiva da Asociación Escena Galega

O secretario xeral de Cultura e o director da Agadic reuníronse con Belén Pichel, Mercedes Castro e Xesús Ron e abordaron asuntos relacionados co desenvolvemento do sector teatral

  • O secretario xeral de Cultura e o director da Agadic reúnense coa nova directiva da Asociación Escena Galega O secretario xeral de Cultura e o director da Agadic reúnense coa nova directiva da Asociación Escena Galega

Santiago, 15 de xullo de 2015.- O secretario xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Anxo Lorenzo, e o director da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), Jacobo Sutil, recibiron en Santiago de Compostela os representantes da nova xunta directiva da asociación Escena Galega, cos que mantiveron unha primeira xuntanza sobre asuntos relacionados co desenvolvemento do sector teatral en Galicia.

Por parte de Escena Galega acudiron ao encontro a presidenta deste colectivo, Belén Pichel, así como a vicepresidenta, Mercedes Castro, e mais o vogal Xesús Ron. Os tres profesionais accederon o pasado 30 de xuño á dirección de Escena Galega, órgano que completan Areta Bolado como secretaria, Tatán Cunha como tesoureiro e os tamén vogais Artus Trillo e Xoque Carbajal.

Escena Galega agrupa na actualidade un total de 33 compañías de teatro e danza con sede en Galicia. O seu traballo asociativo en defensa dos intereses do sector acaba de ser recoñecido co Premio de Honra 'Roberto Vidal Bolaño' ao mérito nas artes escénicas, galardón que lle será entregado este sábado 18 de xullo durante o acto de inauguración da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.

Comparte