Colaboración con outras entidades

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria mantén pontes de colaboración con diferentes institucións culturais de fóra de Galicia, para a promoción exterior conxunta da cultura galega. É o caso do protocolo de colaboración asinado co Instituto Cervantes, para executar de maneira conxunta actividades no ámbito internacional.

A Xunta de Galicia desenvolve, tamén, en materia cultural proxectos de cooperación transfronteiriza con Portugal, marco para programacións como Troco x Troco, de intercambio escénico, promovido polo Centro Dramático Gale­go, ou a Bienal de Pintura Eixo Atlántico, coa colaboración da Se­cretaría Xeral de Cultura.

Outros centros de difusión cultural no exterior