Galicia conta cunha importante tradición literaria asentada nos piares da Xeración Nós, o grupo de intelectuais galeguistas como Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Vicente Risco ou Ramón Otero Pedrayo, entre outros, que contribuíron co seu labor, nas primeiras décadas do século XX, ao desenvolvemento, á renovación e á internacionalización da literatura e da cultura galegas, e na contribución de mulleres como Rosalía de Castro, unha das figuras máis emblemáticas do Rexurdimento galego, ou Emilia Pardo Bazán, a novelista á que se lle debe a introdución do naturalismo francés na literatura española.
Todos eles son algúns dos escritores galegos máis ilustres da nosa historia que agora podes coñecer máis a fondo con este recurso virtual que percorre os fitos máis destacados das súas traxectorias e os principais escenarios nos que deixaron a súa pegada.
Roteiros
![]() Castelao
|
![]() Cunqueiro
|
![]() Curros
|
![]() Emilia Pardo Bazán
|
![]() Escritores mindonienses
|
![]() Otero Pedrayo
|
![]() Pondal
|
![]() Rosalía de Castro
|
![]() Valle-Inclán (I)
|
![]() Valle-Inclán (II)
|
![]() Valle-Inclán (III)
|
![]() Vicente Risco
|
![]() Torrente Ballester
|